Experiencia nos talleres de Arrumar

A piques de rematar maio do 2024, atópome chea de enerxía e felicidade. Uns meses repletos de experiencias enriquecedoras. 

Comecei en Caritas, seguindo polo Patronato Concepción Arenal, a tenda Eme Blau (Ferrol), a Fundaçom Artabria e rematando no Centro Cívico de Canido. Un lugar cargado de significado xa que nel tiven a sorte de poder facer o meu programa de radio SonsRevela2. 

Dende aquí quería darlles as grazas a todas as persoas que fixeron posible facer realidade estas xornadas para unha “principiante” no mundo dos obradoiros. É super enriquecedor poder aportar o meu gran de area a todas esas persoas que moitas veces vénse superadas polo desorde ou saben que non son capaces de sacarlle o mellor partido ao seu fogar ou espazo de traballo. 

Voltarei a todos esos lugares que me precisen e queiran darlle ao mundo da orde o protagonismo que se merece para conseguir esa tan desexada paz mental, relax ou rentabilidade no mundo empresarial.

Aviso legal | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © Copyright Arrumar 2022