Agasalla orde

Nestas datas son moitos os que queren facer un agasallo aos seres queridos ou amigos. Sen embargo, non sempre é doado acertar na decisión final. Xa sexa porque non saben como sorprendelos ou non queren mercar algo que simplemente vai ocupar un lugar.

Pois ben, en Arrumar propoñemosvos unha alternativa. Agasallar ORDE. Contamos cuns vales que poderán ser canxeables por calquera dos nosos servizos.

Un agasallo práctico para sorprender a todas esas persoas que por falta de tempo ou ganas non teñen o seu fogar ou lugar de traballo como desexan na súa mente.

Aviso legal | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © Copyright Arrumar 2022