Arrumar ese armario tan “odiado”

O seguinte servizo que imos explicar dende #arrumar é a organización de calquera armario que o precise xa sexa na súa vivenda como lugar de traballo. 

Unha vez que a xente se pon en contacto con nós, tras unha primeira toma de contacto, poñémonos a analizar cada caso como o precise para poder levalo a cabo. 

Xa sexa a través das rrss como do email, teléfono ou presencial…pensamos cal é o mellor “plan de ataque” para conseguir dunha forma rápida, eficaz e sinxela unha paz mental a hora de voltar a abrir ese espazo e obter así un maior rendimento no espazo dispoñible que se presenta. 

Ollo! Tamén pensamos e temos presente que podemos facer con todas aquelas cousas que non precisamos ou que queremos desfacernos delas.

A continuación, vos deixamos un claro exemplo dun armario que tivemos a oportunidade de #arrumar a pasada Semana Santa.

Aviso legal | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © Copyright Arrumar 2022