Arrumar

O nome elexido para o meu proxecto laboral máis ambicioso en moito tempo. Un salto ao descoñecido onde, por sorte, fun capaz de fusionar as miñas tres paixóns para sacar á luz esta nova aventura: a orde, a imaxe e a decoración. 

A finais do pasado mes de agosto decidía presentalo á “sociedade”, á miña cidade, e grazas ás novas tecnoloxías, ao mundo enteiro. Medo, nervios, ilusión e, ao mesmo tempo, moita felicidade por poder palpar de forma real unha idea que durante tempo atrás somentes era un soño que viaxaba pola miña mente. 

Meses de traballo onde, a pesar dalgunha pedra no camiño, grazas ao meu equipo de fieis colaboradores que estiveron ao meu carón fíxose realidade. 

“Arrumar”, un pequeniño proxecto que ten como cabeza pensante a unha rapaza que vén do mundo das bibliotecas e dos arquivos e que, tras un xiro na súa vida, intenta loitar polo seu soño: ser feliz facendo o que lle gusta no mundo laboral. 

Aquí atoparás tres mundos que a simple vista podes pensar que non teñen moita relación pero que, en realidade, teñen un fio de unión moi forte. O primeiro, a orde. Ofrécese o servicio de ordear calquera espazo que o cliente precise, sempre adaptándonos ás súas necesidades. O segundo, a decoración; Un mundo en cambio permanente que consegue que teñas un evento,un rincón do fogar ou calquera outro espazo preto de ti coas características precisas para lograr esa paz mental. Por último, a imaxe. O mundo da fotografía de eventos, proxectos relacionados cun producto, agasallos personalizados…etc. Unha arte que leva conmigo dende que tiña uso de razón, unha forma de captar eses instantes que nos rodean e que, pasado un tempo, gústanos lembrar. 

En resumo, un 2022 repleto de cambios e de desafíos onde somentes podo estar agradecida polo acollemento que tivo “Arrumar” na nosa comunidade. Un proxecto novedoso que pode chamar a atención e costar entender ata que te decatas do necesario que son estes tres grandes pilares no teu día a día para conseguir ese estado óptimo na vida.

Graciñas polo voso apoio e por acompañarme nestes meses de inicio. 

Imos a polo 2023 con FORZA e ILUSIÓN! 

Esperanza 

Aviso legal | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © Copyright Arrumar 2022